
Os días 17 e 18 de ABRIL en STUDIO FOLLOW (A CORUÑA) tendrá lugar “Radiografía da escena Alternativa”, unhas xornadas organizadas pola Deputación de A Coruña e coordinadas pola Asociación Cultural Distant Sounds dentro da programación de A Cultura é un Dereito
As xornadas contarán con palestras, showcases, mercadillo, sinaturas… todo centrado nas outras escenas musicales alonxadas do mainstream e os macrofestivais. Dar voz e presenza a todas esos axentes, concertos, lugares, festivais, sellos, activistas, promotores que loitan día tras día ante a avalancha turbocapitalista no mundo da música.
Artistas, programadores, sellos discográficos, xornalistas e activistas da escena musical undeground amosaran os seus puntos de vista, as súas experiencias e falarán da situación actual do “submundo” musical galego,a cultura DIY, selos discográficos, prensa musical “alternativa” … e todo o relacionado coa música mais alá dos “grandes circuitos”.
Palestras acompañadas de showcases moi especiais a cargo de French Riviera, Pladür, Juan López y David LH.
A programación das xornadas, contará coa presenza do escritor e xornalista Nando Cruz, autor do libro “Macrofestivales: el agujero negro de la música” que nestas xornadas presentará o seu novo libro, resposta ó anterior, e que leva por título “Microfestivales y otros escenarios posibles”
Ademais de Nando Cruz, Noel Turbulencias, Anxela Baltar (Bala), Kiko Amat, programadores como El Beasto ou Negro Saturno, representantes de festivais como o FACELA, Fanzine Fest ou Canela Party; salas e centros autoxestionados como O Buril, Casino 1889, Gatos e selos discográficos galegos como Ferror Records e Sunwalk Records, serán algúns dos nomes presentes en “Radiografía da escena musical alternativa”
O deseño do cartel é obra do activista do cómic e a ilustración Manel Cráneo, que capta á perfección a esencia das charlas.
Todo organizado pola Deputación de A Coruña e a colaboración da AC Distant Sounds, responsables de Diske Disco (Feria de sellos independentes galegos) e a programación do ciclo Sofar Sounds na cidade de A Coruña.
Recorda: 17 e 18 de ABRIL no Studio Follow de A Coruña!! ENTRADA GRATUITA!!!
Consulta todo o programa e horarios AQUÍ
