CIRCUITOS ARTEIXOVEN 2016 (I)

CIRCUITOS ARTEIXOVEN 2016 (I)

COMPARTE

Durante
los fines de semana de NOVIEMBRE y (el primero de) DICIEMBRE se celebra
en la localidad de ARTEIXO (A Coruña) , un ciclo de lo más
recomendable: CIRCUITOS ARTEIXOVEN.
Una iniciativa que apuesta (y muy) fuerte por bandas emergentes y por la  variedad de estilos (desde el grunge «noventero»,  hardcore, punk-rock… hasta la  electrónica en diferentes vertientes), desmarcándose un poco de muchas escenas y circuitos varios que suelen jugar sobre seguro y sin riesgos.
En esta edición (que tuvo fiesta de presentación en Mayo con DJ GROBAS y PERLITA )CIRCUITOS ARTEIXOVEN cuenta con ocho bandas distribuídas en cuatro fines de semana de los meses de Noviembre y Diciembre: SLEEPWALKER, CHASIS, MÚSCULO!, PORROFOLAR, MORGEN, LESS FORTUNATE SONGS, SANDFORD MUSIC FACTORY y HEXANY.
Estuve charlando con su organizador, MAHONEY (miembro de SINCRO// II),
una persona «incansable, detallista e hiperactiva», amante de la música
y abierto de oídos (que no abundan) en cuanto a estilos ….y , a pesar
de muchos obstáculos en el camino, pretende consolidar este ciclo y
hacerlo crecer como se merece, apostando fuerte sobre todo por las
bandas «emergentes» 

SF: Cómo xurde a idea do ciclo Arteixoven?
A
idea dos CA (Circuitos Arteixoven) xurde, nunha primeira instancia,
como un proxecto do Departamento de xuventude do concello de Arteixo.
Facíanse unha serie de concertos de maneira itinerante por varios
lugares do Concello (Oseiro, Meicende e Arteixo), co fin de achegar a
música en directo á mocidade do Concello. Isto sucedeu en 2012.
Despois
(condicionado pola mobilidade de todo o apartado técnico que supón a
realización do proxecto e por mellorar a súa comunicación) decídese
realizar unha segunda edición toda no mesmo lugar, o «CENTRO SOCIAL de O
FROXEL» en Oseiro. Eran 16 bandas distribuídas en 8 fins de semana
durante os meses de Outubro e Novembro de 2013.
Desde
ese ano o proxecto queda paralizado (é un proxecto que vive baixo o
iugo e aposta político), ata que este mes de Maio decidese retomar coa Festa de presentación da edición de 2016 que tivo lugar no Centro Cívico de Arteixo con Dj GROBAS e PERLITA como invitados.
A idea é celebrar unha edición invernal (esta que comeza en Novembro) e outra estival durante o mes de Abril (aínda por confirmar). 

Será ó finalizar a edición de Abril onde dará comezo un CONCURSO
onde mediante votación, a xente elixirá a dúas das 16 bandas que
pasarán polo proxecto  , estas bandas seleccionadas ofrecerán un
concerto nas Festas das Flores que terán lugar en Maio. 

SF: Información básica

PROGRAMACIÓN:
5 NOV – Chasis + Sleepwalker
12 NOV – Porrofolar + Músculo!
26 NOV – Less Fortunate Songs + Morgen
3 DEC – Hexany + Sandford Music Factory
HORARIOS de concertos entre as 20:00h e as 22:00h
LUGAR: Centro Cívico de Arteixo.
Todos os concertos serán gratuítos ata completar aforo. 

 SF: Obxetivos que pretendes?

*Primeiro, que o proxecto se asente dunha forma definitiva (horarios, lugar, afluencia…) .
*Manter as bases do proxecto e facelas máis sólidas. Esas bases son:
-Plataforma de promoción e difusión por e para bandas.
Alternativa de ocio nocturno en Arteixo.
-Achegar á xuventude de Arteixo as tendencias musicais máis actuais e que formen parte activa das mesmas.
-Buscar un nexo de intercambio entre agrupacións musicais.

Sempre
coa idea que sexan as bandas noveis e máis prometedoras, de Arteixo,
área metropolitana, Galicia, España etc… as protagonistas da
programación, que sexan elas as que veñan e queiran vir a tocar e participar nos
Circuítos Arteixoven e a Arteixo.  

SF: Gústame moito a variedade de estilos…

Non
queremos centrarnos nun só estilo. Tampouco é un formato de concerto ou
festival. Non ten unha temática propia. Pretende ser plural e chegar a
todos os públicos.
Temos en conta tamen que sexan bandas semellantes en estilo e formación por día, para que técnicamente sexa todo máis doado. 
SF: Por qué esas bandas?
A programación é un detalle que xestiona a propia organización do proxecto (Sincro //II).
Hai que ter en conta que se barallan de partida, mais ou menos, unhas
30 bandas por celebración, as cales pasan a ser a metade e de ahí a
outra metade, ou sexa as 8 bandas finais.
Tendo en conta os estilos (que deben ser semellantes por día de celebración), a confección
do programa tamén marca unha realidade do panorama musical da volta. Ou
sexa, tocan aquelas bandas que poden e queren vir a tocar. Que teñen
algo novo que decir.

SF: Facilidades por parte do concello???
As
facilidades por parte do Concello de Arteixo son todas. Hai que lembrar
que dende o principio foi un proxecto que naceu de iniciativa propia e
por parte do goberno actual todo foron facilidades.
Sí que hai detalles de loxística, espacios e tempo que dificultan a xestión do proxecto, pero cousas normais neste tipo de proxectos.
Hai
moita forza e ganas no proxecto por parte do Departamento de Xuventude  e creo que
irá a máis en vindeiras edicións,  e  o ano que ven haxa algunha
que outra novidade.

SF: Algo qué anime á xente a asistir ó ciclo
Eu
creo que poder asistir a dous concertos por día, con bandas de
referencia e totalmente gratis, é un aliciente máis que suficiente. Xa
que, para nada, é o habitual no eido musical.

SF:
É complicado organizar algo así, non sólo por parte do equipo,
concello, capital humano, etc … ás bandas están interesadas  neste tipo
de iniciativas???

Ás
bandas temos que agradecerllelo todo. Como dixen anteriormente os CA
resúmense en queres estar ou non. Teño que decir que en todos estos anos
e despois de tantear a unhas 80 bandas do panorama galego, só 2-3 non
estaban de todo interesadas en participar.
CA
é un proxecto que xira arredor delas. Elas xeran o contido íntegro do
proxecto e dende aquí queremos darlles por adiantado as gracias pola súa
implicación no proxecto e axuda e comprensión no mesmo.

Esto es lo que nos contaba su organizador.
Tienen una página web de lo mas recomendable dónde tenéis toda la info: 

En
la segunda parte que le dedicaré a esta, más que interesante,
iniciativa, os contaré algo más sobre las bandas participantes las
cuales RECOMIENDO 100%. Buena elección !!! 

Gracias MAHONEY, gracias CIRCUITOS ARTEIXOVEN






 
 


COMPARTE

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *