Años 90, A Coruña, Hip Hop, contundencia rock, bajo, guitarra, batería y tres MCs, formación poco usual y revolucionaria en su momento… Beastie Boys, Rage Against The Machine, Def Con Dos, Body Count... Bases rockerometaleras para juegos de voces 100% hiphop, Rap-metal???!! Eso era QFB.
Ya os hablamos de su regreso en anteriores entradas de la web, además de la reciente publicación de «REXURDIR»
QFB regresaban a lo grande… con todo: nuevos temas, nuevo disco, nuevos directos… Y siempre mirando al futuro!!
«REXURDIR«, un título que lo dice todo y en el que recuperan temas míticos de las banda que datan de 1995!! Un disco que además llega acompañado de gira. Una gira de la que aparecen sus primeras fechas y que arranca este Sábado 21 de ENERO en Pelirroja Merchi (A Coruña) para continuar por Melide, Santiago DC, Sarria, Pontevedra… Os dejamos cartel… Y aprovechamos para charlar con ellos para que nos cuenten más detalles de este regreso.
*Lo primero: Por qué este regreso???? Cómo y cuándo se fraguó??? Cuál es vuestra formación actual??
O retorno chega por varios motivos, por unha banda as ganas de xuntarnos con máis frecuencia como “familia” que somos e por outra a sensación de ciumes que sentíamos cando estábamos nun concerto…Ti sabes ben que o escenario é coma unha droga, unha vez que o probas e queres máis…Nun cumpleanos dun dos nosos fillos, en marzo do 2019, estábamos varios xuntos e falamos de cantas ganas tiñamos de xuntarnos, collimos un móbil e chamamos a os otros 3 para facer unha reunión, o día da reunión éramos 5 dos 6, e todos decididos a retomar o proxecto QFB.
A formación actual non mudou moito, estamos Toninho Fernández e Dary Feijoo nas voces, David Acuña ao baixo, Zalo Abeledo na batería e David Rodríguez na guitarra.
*Supongo que durante estos años “out” habéis visto cómo ha cambiado todo en cuanto al mundillo de la música. Las redes y plataformas digitales lo han cambiado todo. Qué echáis de menos de hace casi 30 años y qué creéis que ha mejorado???
É evidente que as cousas mudaron, foi moito tempo o que estivemos “fora”… Na parte positiva, temos a tecnoloxía permítenos facer cousas que antes nin imaxinabamos, coma facer un vídeo durante oconfinamento, a gravación do noso EP… Tamén estás máis visible. Nos 90 era máis o boca a boca dentro da túa cidade, agora é moito máis global, as redes sociais ben empregadas, poden ser unha ferramenta moi útil.
Na parte negativa, é máis complicado conseguir concertos sen ir as “grandes” salas pagando… Nos 90 case calquera pub ou cervexaría apostaba por bandas emerxentes, agora ese espazo semella estar ocupado por bandas tributo e de versións… O que nos 90 era de covardes, agora é o habitual… Non queremos que isto sone a crítica a estes tipos de bandas, nin moito menos, pero si que é certo que nós agora temos que abrirnos camiño a cobadazos…
Antes todo estaba muy segmentado en cuanto estilos, hip hop, heavy, pop, rocker, …tribus que (creo) están en extinción. Todo se ha difuminado. Vosotros mismos ya mezclábais estilos … creéis que a día de hoy tenéis hueco en la escena??? Qué opináis de la escena musical actual???
Non cremos que estean a desaparecer, segue a haber bandas de heavy, pop, hip-hop, ata rockers!
Nós dende un principio apostamos pola mestura, porque todos somos bastante eclécticos, escoitabamos moita música e moi variada.
Temos a certeza que temos un oco na escena actual, e se non o temos, farémolo! Somos teimudos e confiamos no noso repertorio. Na escena actual hai grandes bandas e artistas, que están pegando forte a nivel local, nacional, estatal e internacional
Pese ao comentado das bandas tributo, temos sorte que aínda hai espazos que apostan polas bandas emerxentes, benditos sexan!
A escena musical actual tamén ben marcada polas redes sociais, que demandan inmediatez, ves xente publicando temas case semanalmente, o que hoxe é top, nun par de semanas xa está “desfasado”… é algo así coma a «comida lixo«, pero en versión musical… Nós preferimos un bo cocido a unha hamburguesa.
*Creéis que hay sobreoferta musical, cierto empacho generado por las redes o plataformas digitales???
É un pouco o que comentábamos antes, as redes precisa “alimentarse”, e buscar cousas que facer “virais” coa música pasa igual, a xente fai subir unha canción e logo déixaa caer aos infernos cunha velocidade de vertixe…
* Creo que antes todo era más auténtico, más real, no había una pantalla detrás… Hay mucha mentira y mundos artificiales creados por las bandas/artistas detrás de las redes???
Antes a música era música, discos, concertos… medíase ás bandas e artistas polo número de concertos e discos vendidos… Agora buscase máis o aparentar, e buscar o like das redes socias, o número de seareiros… Nós vivimos nas nosas carnes o tema dos likes nun concurso de bandas emerxentes, hai quen “merca” os likes para gañar… algo que non nos verás facer a nós nunca, estamos nisto pola música e a amizade, non voltamos para facernos ricos
*Muchas de vuestras letras siguen de absoluta actualidad, parece que lo importante SIGUE SIN CAMBIAR.
Por desgraza así é, temas coma a violencia de xénero, as mentiras dos políticos e medios de comunicación, o paro, as guerras…Semella que vivamos nun bucle que fai que todo volva unha e outra vez…Hai moito que facer, educar ás novas xeracións, espertar á xente… e nós queremos poñer o noso gran de area.
*Lo que sí os veo más reivindicativos en cuanto “a nosa terra”. Contadme algo sobre ello.
Era unha inquedanza que xa tiñamos nós 90, o tema “Revolución”xa era unha declaración de intencións, pero foi medrando neste tempo de “descanso”. Falar das cousas da nosa contorna, do que temos máis preto e facelo dun xeito máis noso, reivindicar que coa nosa lingua pódese facer de todo, non deixala relegada á música tradicional.
*Habéis reeditado (regrabado) temas de vuestros inicios… por qué no regresar con un disco de temas nuevos???
O primeiro que falamos o día que decidimos voltar foi, xa non temos 17 anos, non podemos cantar as mesmas letras, polo que decidimos darlles un novo enfoque, amosar que nestes 25 anos maduramos un chisco… Por outra banda, queríamos poñerlle un broche de ouro a esa marabillosa etapa, que son as nosas orixes e tiñamos a espiña de non telas editado no seu momento, e de aí surxe “Rexurdir” que pese a ter 12 temas, son 6: os cimentos e a madurez.
Os temas novos terán o seu momento máis adiante, hai QFB para tempo
*Contadme algo sobre esa “regrabación” de las canciones
A gravación deste EP faise grazas a algo que nos 90 sería imposible, os avances tecnolóxicos teñen as súas cousas boas. Na casa de Zalo, graváronse con batería eléctrica e con amplificadores virtuais, toda a base instrumental. E na casa de Toni, fíxose a parte vocal. Zalo encargouse da ecualización, mestura e masterización.
A maquetación da carátula tamén é cousa de Zalo, que é unha oda aos 90. Agás a impresión e a grabación nos CDs, “Rexurdir” é un “make yourself” en toda regla
*Anunciais primeras fechas para una gira, para esa vuelta a los directos, ha sido complicado conseguir esos conciertos??? Qué esperáis cuándo existe una amplísima oferta de conciertos cada fin de semana??? Es rentable?? (y no me refiero a ganar, si no a no perder dinero)
A realidade é que fácil non é, hai poucos sitios nos que queiran apostar por bandas non coñecidas e que fan música tan concreta, mais por sorte, imos atopando “benefactores”.
Mostra deses benefactores é o pub “Pelirroja Merchi” que sempre ten as súas portas abertas para nós, foi onde fixemos o concerto de retorno e onde tiñamos claro que tiña que ser a presentación de “Rexurdir”, un lugar onde nos sentimos ben acollidos.
Nunca imos cansar de dicilo, non viñemos para gañar cartos, é máis a parte emocional, a descarga de adrenalina… iso si, procurando non deixar os cartos no camiño, tal e coma temos plantexada a xira, pensamos que cando a rematemos estaremos igual de pobres que ao empezar
* Para acabar, y por curiosidad personal, decidme bandas actuales que os llamen la atención
Hai moitísimo onde elixir, a nivel estatal temos aos Loncha Velasco e Sons of Aguirre, e despois na escena galega aí están os incombustibles Zenzar, Solrain, Revelión do inframundo, Flow de toxo, Sondarúa, Ezetaerre, Arrhythmia, Crú, Bala, Mad Martin trío, Loita amada, Lostregho, To-Xo, A banda da loba, Ruxe Ruxe, Teima, Overlook 237, e os nosos veciños Morgen, Less fortunate songs, Doctor Snob e Al final solo habrá cenizas.
GRACIAS Toni, Zalo, Dary, David R y David A, Gracias QFB!!!!